Fenda que se fai na terra co arado, legoña etc.
Etimoloxía
A palabra procede do termo latino sulcus, –i que significaba 'rego, fenda, suco'.
Exemplos *
"O verdadeiro amor enferra en neve, / ara nun mar de rosas suco leve," (Xosé María Díaz Castro: Nimbos)
"A súa vista fixouse daquela nun suco escavado na terra." (Carlos Vila Sexto: Cara á fin da luz)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.