sufraxio universal

Aquel en que todos os cidadáns censados teñen dereito a emitir o seu voto

Etimoloxía

Formación léxica con dúas palabras latinas: sufragium ‘dereito a voto’ e universalis ‘xeral, universal’.

Exemplos *

“Sen a soberanía individual (...), a democracia é apenas caricatura baixo forma de sufraxio universal.” (Antonio Campos: O Xornal de Galicia, 04-11-2010)

“Fronte a este potente órgano con funcións lexislativas e executivas, o Reichstag é unha cámara elixida por sufraxio universal, directo e secreto (...)” (David Rodríguez: Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crack financeiro / Democracia e fe, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.