sufraxismo

Movemento político que defendía a concesión do voto feminino

Etimoloxía

Préstamo do inglés suffragism, que deriva de suffrage 'sufraxio', ‘voto’.

Exemplos *

“Como no caso do sufraxismo, o feminismo de posguerra pasa por distintas fases, que van desde un primeiro momento de conformación, un segundo de auxe e mobilización xeral e outro terceiro de transformación.” (Carmen Blanco: O contradiscurso das mulleres (Historia do proceso feminista), 1995)

“A clase comeza. Das revoltas nas industrias textís norteamericanas e as cigarreiras na Coruña, pasas aos inicios do movemento socialista de mulleres, o sufraxismo, o debate acerca do voto feminino en España, a Declaración de Dereitos Universais, a terceira ola, o persoal é político, a folga feminista en 2018.” (Luca Chao: Nós Diario, 17-3-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.