sumidoiro

Conduto, xeralmente subterráneo, polo que se evacúan as augas da chuvia e as procedentes de residuos das vivendas, da industria etc.

Etimoloxía

Formouse a partir do verbo ‘sumir’, que provén lo latín sumere, ao que se lle engadiu un sufixo co que se forman substantivos a partir de verbos e que indica o lugar onde se realiza esa acción.

Exemplos *

“As rúas eran longas, rectas e bastante anchas pero co chan moi descoidado cheo de fochancas e buratos, sen regueiro para recolle-las inmundicias nin sumidoiro polo que todo estaba emporcallado e preguntábase Don Quixote se non habería alí moitos enfermos ó respirar tantas exhalacións pestilentes.” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)


“A auga saía por un cano, percorría unha canle de granito que atravesaba o obradoiro e, por un estreito sumidoiro, volvía de novo ao riacho que flúe a carón da parede norte do mosteiro.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.