supervivencia

Feito de sobrevivir

Etimoloxía

Voz que vén do latín medieval superviventia, que deriva tamén do latín supervīvens, -entis 'que sobrevive'.

Exemplos *

“Cando estes tumores se tratan cedo, a supervivencia dos pacientes ós 10 anos de realizarse o diagnóstico é do 90 por cento.” (Redacción: Galicia Hoxe, 31-3-2007)

“Unha vacina inmunoterapéutica experimental pode axudar a prolongar a supervivencia libre de recaída nalgúns pacientes con cancro de páncreas ou de colon.” (Axencia Sinc: GCiencia, 12-8-2025)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.