surada

Vento forte do sur

Etimoloxía

Palabra derivada de “sur” que tomamos do francés ‘sud’, e este do antigo inglés ‘sûp’.

Exemplos *

“O mar non quixo levalos. A maré estaba en contra. Unha surada incómoda trouxo refachos de chuvia. E o motoriño do patache non daba máis de si. A auga botounos, cuspiunos, na praia Lagosteira de Fisterra.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

“O costume de subir a certas ermidas e revirar unha tella para pedir un cambio na dirección do vento. Isto facíano os pescadores da Póvoa de Varzim en Santa Trega cando a surada lles impedía baixar ao seu porto. Por certo que aproveitaban para deixar a súa marca propia na porta da ermida.” (Francisco Calo Lourido: Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.