surf

Deporte náutico que consiste en manterse en equilibrio sobre unha táboa especial, desprazándose pola zona na que as ondas empezan a romper

Etimoloxía

Voz que bebe na inglesa surf.

Exemplos *

“Oliver non era moi bo en ningún deporte en particular; non había moito intentárao incluso co surf, mais a súa impericia resultara até esaxerada, a pesar de que a súa constitución era liviá.” (María Oruña: O que a marea esconde,2021)

“Este evento será celebrado antes dos Xogos Olímpicos 2020 en Xapón, onde por primeira vez o surf convértese en deporte olímpico, e servirá como forma de "reivindicación" dos participantes.” (Redacción: Galicia Confidencial, 21-5-2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.