Movemento literario, artístico e filosófico xurdido no primeiro cuarto do século XX, que pretende liberar a arte de toda atadura racional moral e estética e que basea a creación no máis profundo do home para o cal acode ao inconsciente ao mundo dos soños á escritura automática etc.
Etimoloxía
Palabra tomada do equivalente francés surréalisme que designaba o movemento literario creado por Apollinaire.
Exemplos *
"A cultura galega lamentaba onte a morte do artista Eugenio Granell, considerado como un dos máis importantes representantes do surrealismo." (O Correo Galego 26-10-2001)
"Tampouco se esqueceu Bouzas do ourensán Camilo Fernández Mazas que, ademais de pintar, tamén exerceu o periodismo de creación con vértices no surrealismo." (Galicia Hoxe 05-02-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.