suspensión

Conxunto de mecanismos dun vehículo que ten por función amortecer os golpes producidos polas irregularidades do chan.

Etimoloxía

Vén do latín suspensio, -onis 'acción de suspender', formado sobre o verbo pendere 'pendurar'.

Exemplos *

"A carga que non se menee, con esas suspensións botadas para fóra, de debuxos animados, e hoxe nin vixilandia nin apoio de convoi …" (Xurxo Borrazás: Costa norte/ZFK)

"E ademais notaba que a estrada era nova, en fin, máis que notalo eu, podía dar fe a suspensión do coche; que diferenza con aquelas vellas corredoiras asfaltadas do non había tantos anos."  (Antón Dobao: Incertos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.