Cualificación escolar coa que se declara a unha persoa non apta nunha proba.
Etimoloxía
Termo que chega desde o latín supensus, –a, –um, do verbo suspendere 'colgar, suspender'.
Exemplos *
"El tamén tiña que entrega-lo maldito traballo, ou no seu defecto, atura-lo sermón da súa nai polo suspenso". (Ledicia Costas: Unha estrela no vento)
"Despois deste novo suspenso, porque estou practicamente segura de que suspendín, vouno ter moi difícil para pasar á selectividade." (Miguel Vázquez Freire: Anxos en tempos de chuvia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


