sustentable

Que se pode sustentar

Etimoloxía

Palabra que se forma sobre o verbo “sustentar” que chega desde o latín sustentare ‘suxeitar’ ou ‘soster’.

Exemplos *

"Esta é a hipótese máis sustentable verbo da primeira aparición do encaixe en Galicia, por canto Italia gozaba, na Idade Media, dun intenso comercio coas nosas costas e os contactos eran tan importantes que os italianos, a mais de vendérno-los seus encaixes deixáronnos modelos que as palilleiras habilmente foron incorporando ás súas." (Mario Gallego Rei: Os encaixes, 1989)

“A implantación das TIC soamente pode considerarse sustentable se os actores locais adquiren unha serie de capacidades e se dotan de potenciais técnicos e sociais que permitan á sociedade local asumir novas perspectivas.” (Lois Andrade: Cultura e novas tecnoloxías. Actas dos IV Encontros Cultura e Concellos celebrados os días 18 e 19 de xuño de 2004 en Santiago de Compostela, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.