susto

Impresión pasaxeira de medo ou sobresalto, causada por algo que ocorre de maneira inesperada.

Etimoloxía

De orixe incerta, crese que pode deberse a unha formación produto da propia expresión de alguén cando se asusta.

Exemplos *

"Contemplamos aquela visión estarrecedora só un intre, xa que eu, que sostiña a tampa, deixeina caer co susto." (Marilar Aleixandre: O coitelo de novembro)

"Clara leva un susto de morte cando a voz grave do seu irmán chama por ela ás súas costas, xusto no momento de abrir a porta de entrada á casa." (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.