Barril de madeira no que se prensan e gardan as sardiñas salgadas.
Etimoloxía
Chegounos da forma do árabe hispano at-tabal, que denominaba un tipo de tambor.
Exemplos *
"Con isto pasabamos, aínda que por sorte se daba moi poucas veces, pois cando se pescaba sardiña salgábase un tabal e duraban para varios días." (Carlos Sixirei Paredes: A emigración)
"Fixérono pasar ao salón e alí mesmo, reunida a familia, sen máis requilorios, abriu o primeiro tabal." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.