Insecto da orde dos tabánidos, de forma parecida á da mosca pero máis grande, que pica o gando e as persoas para chucharlles o sangue.
Etimoloxía
Tomouse do substantivo latino tabanus, -i 'tabán'.
Exemplos *
"Pola porta entrou zoando un negro tabán, e deu varias voltas arredor da súa cabeza coma se fose portador dunha mensaxe." (Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36)
"Cando apareceron as picaduras dos tabáns, as blasfemias fixéronse oír como estalos de petardos." (Manuel Rivas: ¿Que me queres amor?)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.