tabardilla

Caste de mazá de pel rugosa e sen brillo, de cor entre verdosa e marrón, segundo a variedade, moi apreciada polo seu sabor doce e algo agre ao mesmo tempo

Etimoloxía

Palabra que se forma sobre “tabardo”, a orixe desta voz é incerta.

Exemplos *

“É hora das actividades cotiás pero a inercia lévame baixo a maceira. Antes de que abra o libro, despois non se atreven, mandan a miña sobriña a buscarme. –Tío, no froiteiro ten mazás, tabardillas e reinetas.” (Ricardo X. Losada: O xene da chuvia, 2005)

“Este final prodúceme o sabor desas mazás que chaman tabardillas: doces, son doces, pero abondo agres e acaban por limar todos os dentes.” (Millán Picouto: A fada e o cabaleiro, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.