tabardo

Peza de abrigo ancha, longa e de pano groso, semellante a un chaquetón.

Etimoloxía

De orixe escura, crese que podería proceder do francés antigo tabart 'vestimenta que se empregaba enriba da armadura'.

Exemplos *

"¿Sabías que cando chegou a democracia á península levaba un diminuto magnetófono no peto do seu tabardo para, se lle daba un ataque cardíaco dos definitivos ou unha embolia, gravar as súas últimas palabras?" (Xosé Luís Martínez Pereiro: Carne de estatua)

"Identificáronme polo tabardo vermello." (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.