tabasco

Salsa americana picante e de cor vermella, feita con chile, vinagre e sal

Etimoloxía

Termo cuxa denominación xorde do topónimo do estado mexicano de Tabasco.

Exemplos *

“Nun pote de barro, bótase o prebe mariñeiro, os peixes, os mariscos, os feixóns, o arroz e a auga de abri-los mariscos. Engádese o sal, a pementa e o tabasco. Sérvese no mesmo pote quente.” (Xoán Carlos Rodríguez Sánchez e Xesús León Guillén: Pesca submarina en Galicia, 1997)

“Pementos encarnados en tiras, unha cebola en aros, dous allos en anacos grandes, sal, aceite un belisco de ourego, e dúas gotas de tabasco, tapar e deixar facer, remexendo de cando en vez con culler de pau.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.