Situación no xogo do xadrez ou das damas na que ningún dos xogadores pode ganar a partida.
Etimoloxía
Procede do latín tabula, -ae, que xa incluía entre os seus significados o de 'taboleiro de xogo'.
Exemplos *
"Ficaron un instante en silencio coma se se decatasen de que a partida ía ficando polo de agora en táboas, cunha lixeira vantaxe de Varela." (Manuel Forcadela: Fóra de xogo)
"Semella que as brancas teñen a partida gañada, teñen cando menos as táboas …" (Manuel Seixas: A velocidade do frío)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.