tafetá

Tecido de seda delgado, lustroso e moi tupido.

Etimoloxía

Procede da voz persa taftah 'pano de seda' e debeunos chegar desde o italiano ou o catalán.

Exemplos *

"De todas estas cousas moídas e pasadas por peneiro moi mesto, poñedes o resultado nunha caixa, e seguidamente un pano de tafetá por riba cunhas pesas." (Teresa Moure: Herba moura)

"… é máis ilustrativa a cifra de 259.402 reais pagados por sesenta capas brancas de tafetá e ouro." (Ofelia Rey Castelao: A Galicia clásica e barroca)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.