Establecemento onde se coce e vende o pan
Etimoloxía
Vocábulo que herdamos do árabe hispánico aṭṭaḥúna, e este do árabe clásico aṭṭāḥūn[ah] ‘moa do muíño’, ‘muíño’.
Exemplos *
“O interior do GS recendía á empanada de broa con recheo de voandeiras. Esperanza cocéralla o día anterior na tafona da praza do Campo. Para a súa desgraza, non podería nin probala.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)
“Ti almorzas nunha tafona que tamén ten cantina, en Lira, cando de súpeto aparcan na porta tres autobuses da Garda Civil: máis de cento cincuenta axentes pretenden conseguir cadanseu almorzo, tampouco moita cousa, café e torradas.” (Luís Rei Núñez: O corvo de chapapote, 2003)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.