tallamar

Construción en forma de quilla nos piares dunha ponte, que serve para cortar e repartir a corrente da auga aos lados

Etimoloxía

Voz creada co verbo “tallar” que vén do latín vulgar taleāre 'cortar' e o substantivo “mar” procedente de mare ‘auga do mar’.

Exemplos *

“A plataforma ten vinte arcos de medio punto cos seus tallamares pero, no extremo que se apoia na beira de Outes, xorde unha estraña curvatura que, segundo a tradición, ninguén foi quen de endereitar.” (Ana Martínez: O Correo Galego, 4-11-2000)

“Dende o fondo da Avenida, víase a Ponte Vella abarrotada de xente. Acudiran a aquel mirador porque, no tallamar, facía exercicios circenses alguén que identificou axiña.” (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.