tallarín

Variedade de pasta en forma de lámina longa e estreita

Etimoloxía

Adaptación á lingua galega do equivalente italiano tagliarini.

Exemplos *

“Cun horario que comeza todos os días ás 20.30 horas, Juan Moure foi o encargado de abrir as xornadas, cociñando tallaríns con grelos e caviar de ourizo, de Muxía.” (M. Garabantes: La Voz de Galicia, 14-04-2009)

“A opción que probei eu foi o wok de tallaríns con verduras e lagostinos. Si, amigos, todo isto nun mesmo prato! Que gusto!” (Rebeca Munín: revistapincha.gal/wok-de-tallarins-con-verduras-e-langostinos-no-flamingo, 04-11-2019) [visto o 28-10-2022]

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.