tallo

Banco pequeno feito en carpintaría, de tres ou catro patas e sen respaldo, que serve de asento para unha persoa.

Etimoloxía

Vocábulo que ten a súa orixe no verbo tallar que procede do latín vulgar taliare 'cortar'.

Exemplos *

"Facíao coma se se deixase ir río abaixo nunha canoa, e eu víao desde a orela, sentado no meu tallo coma un pachorrento pescador de cana." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)

"Estaban a mamá e unha señora, amiga dixera a nai, sentadas nuns tallos que sacaran ao balcón." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.