tallón

Leira moi pequena ou anaco pequeno dunha leira maior separado para traballalo á parte ou como sementeiro

Etimoloxía

Vocábulo que se crea desde a palabra “tallo” que, á súa vez, da latina talea ‘póla cortada para plantar’.

Exemplos *

“Nas comarcas onde se estilaba o vareo, cando se partía para cavar cada casa levaba a extensión que lle correspondese, e os bodegueiros adoitaban quedar sen nada, salvo que un veciño lles cedese algunha leira ou tallón, a cambio duns xornais.” (Pegerto Saavedra: A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850, 1992)

“A penas alí perto da casa uns tallóns nos que Roiz e Manoela botan hortalizas e alá máis ao fondo, máis alá de tan variada almuíña, catro ferrados de millo. O millo, iso si, é do país.” (Anxo Angueira: Pensa nao, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.