talón

Documento consistente nunha folla que se arrinca da súa matriz, en particular, aquel en que figura unha orde de pagamento

Etimoloxía

Palabra que procede do latín vulgar talonis ‘calcañar’.

Exemplos *

“Esa foi unha das moitas veces que comprobei como un talón bancario che franquea as portas.” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais, 2007)

“E lembro que, como eramos da clase media emerxente, recibía regalos de Reis que ao mellor consistían nun talón de dez mil pesetas, que daquela era moito diñeiro, e que eu dedicaba integramente a comprar libros.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.