taludo, -a

Persoa que xa non é moza

Etimoloxía

Voz que se orixina no substantivo “talo” que bebe no latín thallum ‘órgano que medra da raíz cara ao alto’.

Exemplos *

“O Garabís parou un momento diante do portelo da eira, ben preto das medas e, dirixíndose ós que o podiamos oír, dixo con aquela voz que tiña de taludo: -Díganlle a Gregorio que a súa muller está na Touza.” (Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36, 1996)

“Bos cantores son os cregos de Irlanda, e os seus paxaros, / os seus rapaces son doces, sabidos os vellos, / os seus homes son famosos, ben taludos, / famosas as súas mulleres, que mesmo dá xenio namoralas.” (Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro: Cancioeiro da poesía céltiga de Julius Pokorny, 1952)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.