tamarindo

Árbore da familia das leguminosas de gran tamaño, que se caracteriza por ter follas pinnadas, flores brancas ou amarelas con raias rosadas e froito en legume

Etimoloxía

Adaptación dun termo do árabe tamr hindi ‘dátil da India’.

Exemplos *

“A porta do deserto chámase ER RACHIDA (tamén antiga Ksar es-Souk). Sempre ó sur da rubia Erfoud, cor sangue de touro, ata Tafilalet, o oasis dos dátiles e tamarindos, endozámo-la boca con postas de sol incandescentes.” (Luís González Tosar: Remol das travesías, 1989)

“Soubo que voaran do seu interior o recendo do tamarindo, e a búgula e a salvia e a xebra que envolvían como o lodo os seus soños tristísimos de perdedor...” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.