Local destinado a servizos funerarios
Etimoloxía
Creación neolóxica do latín moderno thanatorium, que remite ao grego thánatos ‘morte’ e o sufixo -orius formador de substantivos cultos.
Exemplos *
“Quizais polo seu pasado de Calvario é polo que agora se construíu alí un tanatorio.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / Viacrucis interruptus, 2013)
“Un Jaguar XKR vermello con matrícula portuguesa, que arrimou á entrada, cegando o acceso ao tanatorio levantado a carón do cemiterio.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.