Bicicleta para dúas persoas, unha sentada detrás da outra, formada por dúas selas, dous guiadores e dous pares de pedais
Etimoloxía
Vocábulo de orixe inglesa na palabra tandem que, á súa vez, bebía na latina tandem ‘en fin’.
Exemplos *
“Un veciño de Monforte que acaba de deseñar e construír un tándem perfecto e exclusivo para que goce do pedaleo unha nena de trece anos con dificultades motoras.” (G24.gal: www.crtvg.es, 19-1-2020) [visto: http://www.crtvg.es/informativos/un-vecino-de-monforte-desena-e-construe-un-tandem-exclusivo-4272507]
“O cantante invidente Serafín Zubiri aceptou a proposta de Ezequiel Mosquera e tentará subir o muro de Ézaro en tándem.” (Galicia confidencial-deportes: Galicia Confidencial, 8-3-2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.