tantán

Tambor que se utiliza en África como instrumento musical ou para a transmisión de mensaxes

Etimoloxía

Termo de orixe onomatopeica por imitación ao sen que emite o tambor referido.

Exemplos *

“Por primeira vez en moito tempo, dende o mundo exterior chegábanlle acenos non provocados por el. Era como se logo de andar perdido moito tempo, sentise ó lonxe o familiar tantán da aldea.” (Francisco Xosé Fernández Nadal: Tempo de Crepúsculo, 1993)

“En calquera cousa que se fai en Galiza ten que haber unha gaita, como en Madrid, tunas por todos os lados e, en México, pragas de mariachis. Os americanos tocan o tantán? Non, tocan guitarra eléctrica!” (María Abelleira: Nós Diario, 2-6-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.