Liña, plano que toca unha superficie ou unha liña nun só punto sen cortala.
Etimoloxía
Deriva do verbo latino tangere 'tocar'.
Exemplos *
"… desexando que o lugar se transformase no planeta terra, onde a ubicuidade das respiracións marcase a tanxente dos polos norte e sur." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)
"Fátima relacionou entón todo aquilo co comentario que tiña feito tantas veces Ricardo de que lle gustaba vivir na Praza do Toural "porque é a tanxente de dous mundos"." (Jaureguizar: Comendo espaguetis diante da televisión)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.