tanza

Fío moi resistente, xeralmente de nailon, que se utiliza para pescar con cana ou á liña

Etimoloxía

Palabra de orixe incerta.

Exemplos *

“Agora, cos dedos da súa man dereita, dirixe a poteira mentres sostén a tanza coa outra man.” (Luís Rei Núnez: Expediente Artieda, 2000)

“O seu instinto de pescador estaba medrando por segundos. E decidiu facerlle caso ao instinto. A loita foi ardua, longa, a tanza emitía sons como unha corda de violín.” (Xoán Castro Fuentes: O pescador de cana, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.