tapabocas

Peza de roupa feita dunha tira de tea ou de la tecida, que se pon ao redor do pescozo para abrigalo

Etimoloxía

Palabra composta polo verbo “tapar” que vén de “tapa” do gótico *tappa e “boca” do latín bucca ‘boca’.

Exemplos *

“Era un home de Capone. Ía ser un tipo importante. Un home moreno fardado cun abrigo gris marengo e cun tapabocas branco baixou dun Cadillac do vintedous á porta do ximnasio Star, onde Karl establecera o seu cuartel xeneral.” (Xavier Queipo: Ringside, 1993)

“E cando a discusión comezaba a aumentar o ritmo e cadaquén esgrimía os seus motivos para a supremacía intelectual, de súpeto, soou o que parecía o ruído dunha chave introducíndose na pechadura da porta e entrou un home louro, alto, con tapabocas de cores, que levou a Demetrio a lembrar un poema, de nome " Acuario ", que o mexicano José Gorostiza dedicara a Xavier Villaurrutia.” (Alejandro Tobar: Cremalleiras, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.