tapón

Acción que corta a traxectoria do balón lanzado por un xogador contrario para que non entre na canastra.

Etimoloxía

Formouse sobre tapa, para a que se propón o étimo gótico tappa.

Exemplos *

"… volveu erixirse como mellor xogador da semana na liga ACB, tras lograr 19 puntos, 21 rebotes e dous tapóns, e un total de 41 puntos." (O Correo Galego 21-02-1995)

"Vázquez é o claro dominador nas clasificacións de mates (2,68), tapóns (1,76) e na de tiros de dous (74,05%)." (Galicia Hoxe 01-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.