tarasca

Figura lendaria que representa unha serpe monstruosa e que se saca nalgunhas procesións e festas populares.

Etimoloxía

Crese que o termo é unha adaptación do francés tarasque que procede do topónimo Tarascon, localidade da Provenza onde santa Marta domeou o monstro.

Exemplos *

"Un animal mitolóxico, propio da auga, é a Tarasca ou Coca, parte dragón alado, parte serpe." (Xosé Manuel Cerviño: Apuntamentos históricos de navegación en Galicia)

"Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte catro homes máis fortes e destimidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición." (Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda: Dicionario dos seres míticos galegos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.