tareco

Utensilio ou ferramenta empregado nalgunha actividade ou oficio

Etimoloxía

Vocábulo que nos chega desde o árabe taraik ‘cousa de pouco valor’.

Exemplos *

“Tiña que se ocupar da mantenza da casa, coidar da reposición continuada de alimentos, enxovais e demais tarecos, mirar pola colleita das olivas, velar porque os cultivos estivesen atendidos e os rabaños en alindados.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)

“Viviana increpou o meigo que contemplaba agora como a druída se movía anoxada dun lado ao outro do seu cuarto, recollendo roupas e tarecos para a súa partida.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.