tartaraña

Ave da orde dos accipitriformes, da que existen varias especies, cunha plumaxe na que predominan as cores cincentas e marróns

Etimoloxía

A orixe da palabra ofrece controversia, suponse que é unha creación onomatopea.

Exemplos *

“Os dous encoros situados no Parque son o hábitat de importantes poboacións de aves : mergullón pequeno , lavanco e tartaraña cincenta son algunhas delas.” (Victoria García: Gciencia. O portal da ciencia galega, 4-2015)

“En Galicia, as tartarañas aniñan nas toxeiras, que adoitan estar situadas en lugares máis ou menos chairos, no medio ou nas proximidades doutras áreas abertas (pasteiros, cereal).” (Xabier Vázquez Pumariño: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.