tartaruga

Réptil da orde dos quelonios, co corpo cuberto por unha coiraza de material córneo, do que existen numerosas especies que difiren moito no seu tamaño, e poden ser terrestres ou de auga doce, de andar moi lento, ou mariñas, de gran tamaño e coas extremidades adaptadas para a natación

Etimoloxía

Voz que vén do latín tardío tartarūchus 'demo', que procede do grego tartaroûchos 'habitante do inferno', porque os antigos pensaban que ao vivir na lama, personificaba o mal. Especie que pertence aos saurópsidos.

Exemplos *

“Igual que o protagonista do libro fixera con pedras preciosas, Telma mercou unha tartaruga e engastou no seu coiraza gominolas de cores. Con Loctite. Cando o réptil pasaba ao seu carón, abrochaba o batín de boatiné, persignábase e rezaba en alto un rosario por todos os poetas simbolistas.” (Diego Giráldez: Galería de saldos, 2016)

“O tren de borrascas disparou os varamentos de focas, tartarugas e cetáceos. O lobo de mar "Raciño" recupérase na CEMMA para volver ó mar. Un 80% dos rescatados logran sobrevivir.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, nº 6, 2-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.