Pota máis larga ca alta, de barro ou de metal e con dúas asas.
Etimoloxía
A súa orixe relaciónase co latín tartarus ‘inferno’.
Exemplos *
"Bótase o aceite e o tomate nunha tarteira a lume moi lento, ata que o tomate calle e colla algo de espesor, engádeselle o pan relado e logo as ameixas ...” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)
“Remexe coitelos, culleres, pratos, tarteiras, panos de mesa de papel e de tea, estropallos desfeitos deses verde e amarelo, abrelatas, remexe e remexe ...” (Manuel Seixas: A velocidade do frío)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.