Establecemento público polo xeral de carácter modesto e popular ou ben de estilo rústico onde se serven bebidas e ás veces tamén comidas
Etimoloxía
Probablemente do celta taskós ‘estaca’.
Exemplos *
“Era terrible para min a soidade; eu sempre andaba buscando o paisano, o compañeiro. Ás veces ía a unha tasca galega simplemente para tomar un caldiño ou charlar un pouco coa xente.” (Fernando B.: O Correo Galego, 24-2-1995)
“Tiveron que comprar roupa negra e debían fixarse ben no tráfico de coches e de xente segundo a hora, pero pagaba a pena por escoitar o que se contaba por aí nas tascas de barrio.” (Xabier Cordal: Relatos de televisión, 2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


