tasto

Sabor e olor desagradables dunha comida ou dunha bebida que está pasada

Etimoloxía

Crese que a orixe desta voz é probablemente onomatopeica.

Exemplos *

“A néboa, gris no abrente e leitosa co paso das horas, ulía a tasto de aceite, a potaxe de fabas e caldo de verdura aceda.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)

“Cando toda a boca se nos enche co sabor moi concentrado da sopa, no que non está ausente un tasto, claramente perceptíbel, ao fume do fogón, erguemos os ollos cara o lago dos laqueados da parede do coche restaurante e notamos que as augas non están rizadas, senón lisas coma un metal.” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Bretaña Esmeraldina, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.