tautoloxía

Proposición que é sempre verdadeira, sexa cal sexa o valor dos seus compoñentes.

Etimoloxía

A súa orixe está no grego tautología, -as 'repetición', composto a partir de tautó 'o mesmo' e logos 'discurso'.

Exemplos *

"… aplicando a teoría da causalidade sempre se pode chegar a bo final con calquera razoamento e apostilábao cunha tautoloxía que soaba a enunciado de verdade de pé de banco." (Alberto Canal: Conexión Tubinga)

"Dado que practicamente todo podía ser explicado invocando os custos de transacción, a súa teoría foi considerada durante moito tempo coma unha simple tautoloxía." (Xosé Henrique Vázquez Vicente: Revista Galega de Economía 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.