taxonomía

Clasificación dos seres viventes.

Etimoloxía

Formouse a partir dos elementos gregos taxo 'clasificación' e nomo 'norma' ou 'lei'.

Exemplos *

"A historia da taxonomía comeza con Aristóteles (384-322 adC.). Disque antes del, os coñecementos sobre as plantas e os animais non eran cativos, pero os primeiros escritos que nos chegaron non conteñen clasificación ningunha." (Emilio Valadé del Río: Ernst Mayr: Historia do pensamento biolóxico)

"Nos vexetais, o mesmo que nos animais, a clasificación ten como finalidade ordenalos en grupos homoxéneos. O sistema que rexe e ordena todos estes grupos denomínase taxonomía." (Marisa Castro, Luís Freire e Antonio Prunell: Guía das árbores de Galicia, autóctonas e ornamentais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.