Arbusto da familia das teáceas orixinario da China, de flores brancas e follas perennes, coriáceas e dentadas, que, secas e torradas, se empregan como bebida estimulante en infusión
Etimoloxía
Adaptación do vocábulo do dialecto Fun-kien t’e que entrou en Europa grazas aos holandeses.
Exemplos *
“O té vermello procede da Camelia assamica e está a medio fermentar. Para elaboralos, utilízanse as xemas foliares e as follas novas da planta de té.” (Andrés Tarrío: O Correo Galego, 20-5-2002)
“Logo chega vostede, unha cousa é saber do encargo, outra ben distinta estar a escoitá-las sagaces preguntas do inquisidor, e toda a súa temperanza vai ó garete coma o Sacro Imperio e as miñas plantacións de té en Xacarta pola obra silenciosa dos fitófagos...” (Xabier López López: Biff, bang, pow. Novela case negra, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.