Pau con lume que se utilizaba para alumar.
Etimoloxía
Procede do latín taeda, -ae 'póla do piñeiro' ou 'facho de lume'.
Exemplos *
"Foi Prometeo queimando unha tea no sol quen lles deu o lume ós humanos …" (X. Manuel Rivas Troitiño: Galicia Hoxe 18-02-2005)
"Levaban teas para alumar, cans para correr o monstro, un Libro de Ler e Desler, e armas das que había antes de inventarse as de fogo …" (Xoán R. Cuba, A. Reigosa e X. Miranda: Diccionario dos seres míticos galegos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.



