Pau con lume que se utiliza para alumar.
Etimoloxía
Xorde do termo do latín clásico taeda, –ae 'facho de piñeiro'.
Exemplos *
"Foi Prometeo queimando unha tea no sol quen lles deu o lume ós humanos, ós que antes puxera de pé e fixera superiores ós animais." (X. Manuel Rivas Troitiño: Galicia Hoxe 18-02-2005)
"E silandeiramente, como todos os días ó morrer a luz e acenderse as teas, subo á cámara da Dona do Castelo." (María Gándara: Magog)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.