Aparello ou máquina para tecer
Etimoloxía
Termo derivado sobre “tea” que vén do latín tela ‘tea’, ‘pano’.
Exemplos *
“Afanábase en desfacer un dos nós trenzados no tear na última xornada. Tiña présa. O malva que tinxía o ceo anunciaba o albor e o inicio dun novo día de mentiras e fuxidas.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)
“Cumpría que eu coñecese todos os fíos que interviñan no tear do mundo celta. Foi así como resolvín volver sobre os meus pasos, cara ao sur, atravesando os vales sen apenas determe desta volta nas aldeas.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


