teatral

Relativo ou pertencente ao xénero e á arte do teatro

Etimoloxía

Voz derivada sobre o substantivo “teatro” que procede do latín theatru(m) de significación semellante.

Exemplos *

“Aquel ano xa non preparou a obra teatral. Representábase no salón-cine da vila, fundado a comezos de século por unha familia de orixe portuguesa. Ela era quen dirixía a obra, organizaba os ensaios, deseñaba, atendía ao attrezzo.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

“As rúas que rodeaban Piccadilly Circus fervían ateigadas de londinienses facendo as súas compras da fin de semana; dispersábanse para ver os espectáculos teatrais anunciados nas luminosas carteleiras, para mercar nalgunhas ateigadas tendas de moda para unha clase media sen pretensións.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.