teatro

Arte de representar en público obras dramáticas, xeralmente por uns actores que actúan no escenario

Etimoloxía

Termo culto que chega desde o grego théatron ‘lugar onde se asiste a un espectáculo”.

Exemplos *

“O contorno semella unha escena de teatro dun Beltolt Brecht reestreado .” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

“Velaí o teatro,  con diversas compañías facendo milagres cos medios dos que dispoñen ” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.