Muller que ten por oficio tecer ou facer tecidos para pezas de roupa
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo “tecer” que vén do latín texere de significado semellante.
Exemplos *
“Se eu soubera, Filomena, / que tu eras tecedeira, / mandarache vir do Porto / unha linda lanzadeira.” (Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)
“Sabeliña tecedeira / ten o tear na Portela / e o aire que vén da braña / todo o fiado lle quebra.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. I Oficios e labores, 1984)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.